Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]

MarumaSAT

Cos pés no chan e os ollos nas estrelas. With feet on the floor and our eyes in the stars. @marumasat

MarumaSAT

Cos pés no chan e os ollos nas estrelas. With feet on the floor and our eyes in the stars. @marumasat

O MELLOR DA CONFERENCIA DE PEDRO PABLO CAMPOS (USC) NA SÚA VISITA AO IES MARUXA MALLO

por Novas, em 16.12.15

Esta mañá, o IES Maruxa Mallo, centro neurálxico do proxecto espacial "MarumaSat" desenvolto polo alumnado de terceiro da ESO do centro recibiron a Pedro Pablo Campos, investigador da USC e un dos responsables do proxecto "TodoCosmos", que intenta achegar os misterios e coñecementos do espazo a tódolos públicos en diversos concellos galegos.

 

Na conferencia que ofreceu o investigador no instituto, desenvolveu diversas cuestións acerca da maneira en que evolucionou a visión do universo dende a antigüedade, trasladando ao alumnado alí presente a diversas épocas históricas, dende a Antiga Grecia, na que descubrimos os modelos xeocéntrico e heliocéntrico ata o momento en que se pisou a Lúa por primeira vez. Na conferencia non faltaron nomes tan importantes relacionados coa ciencia e as matemáticas como Newton ou Kepler, que desenvolveron diversas teorías ao longo do tempo e que posibilitan, nestes momentos, entender mellor como é o universo. Como non podía ser doutra maneira, Pedro Pablo Campos falou de fórmulas, modelos e figuras que nos fixeron pór en marcha a nosa mente e pensar en aspectos tan curiosos como o movemento dos corpos no universo.

 

Ao término da conferencia do doutor en Astronomía que se atopa desenvolvendo nestes momentos unha tese sobre "planetas extrasolares", o equipo de comunicación deste proxecto realizou unha pequena entrevista na que Pedro Pablo contounos como comezou a súa afección a este tipo de temas dicindo que foi "dende ben pequeno ata a época universitaria" e recomendou ás persoas que desexen orientar a súa educación no ámbito da astronomía, que é importante ter ben en conta o que che gusta xa que o ámbito é "moi amplo e no que son moitas as especialidades ás que aspirar".

 

Finalmente, tras agradecerlle a súa presenza no IES Maruxa Mallo, recomendou aos responsables do ambicioso proxecto "MarumaSat" que tivesen "moito ánimo e paciencia de cara a realización deste proxecto" e compartiu algunha que outra curiosidade connosco e cos dous membros do profesorado máis implicados nesta carreira espacial: Raquel, profesora de Tecnoloxía e Xosé, profesor de Matemáticas.

 

Para máis información acerca do proxecto desenvolto por Pedro Pablo Campos na USC, visite http://www.usc.es/es/proxectos/todocosmos/index.html

Mais sobre mim

foto do autor

Arquivo

  1. 2017
  2. J
  3. F
  4. M
  5. A
  6. M
  7. J
  8. J
  9. A
  10. S
  11. O
  12. N
  13. D
  14. 2016
  15. J
  16. F
  17. M
  18. A
  19. M
  20. J
  21. J
  22. A
  23. S
  24. O
  25. N
  26. D
  27. 2015
  28. J
  29. F
  30. M
  31. A
  32. M
  33. J
  34. J
  35. A
  36. S
  37. O
  38. N
  39. D