Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

MarumaSAT

Cos pés no chan e os ollos nas estrelas. With feet on the floor and our eyes in the stars. @marumasat

MarumaSAT

Cos pés no chan e os ollos nas estrelas. With feet on the floor and our eyes in the stars. @marumasat

Informe económico do Proxecto MarumaSat

por Novas, em 30.05.16

Na seguinte ligazón pode acceder ao informe económico do proxecto "MarumaSat" con diversos gráficos que ilustran os gastos levados a cabo para facer posible o noso obxectivo.

INFORME ECONÓMICO MARUMASAT 2016

A prensa galega e española faise eco do noso proxecto

por Novas, em 30.05.16

Diversos medios de comunicación e institucións, ademais de outras organizacións, publican o noso proxecto entre os seus titulares. Deixámosvos aquí algunhas ligazóns a publicacións realizadas co Maruma Sat nos últimos días:

Antena 3 Noticias , La Voz de Galicia , Telexornal TVECrónicas de ComarcaEl Correo Gallego: 11 de maioEl Correo Gallego: 13 de maioEl Correo Gallego: 14 de maioAstronomía na beirarrúaXornal LindeirosConcello de OrdesMancomunidade de Ordes

"Cos pés no chán e os ollos nas estrelas": crónica do lanzamento definitivo

por Novas, em 30.05.16

O timbre soou como cada mañá dende que comezamos o curso, pero daquela vez non sería nada semellante ao vivido ata agora: ese venres 13 de maio cumpliriamos o noso obxectivo, obxectivo que nos días anteriores fixera difícil conciliar o sono. A mañá comezou no taller cunha reunión de todas e todos os membros do proxecto, acompañados de Xosé e Raquel, para comprobar se todos os pasos que deberían levarse a cabo contaban cun responsable para a súa realización. Dende deseño e construción e científica ultimáronse os detalles relativos á cápsula en si; tamén o meteorolóxico levou a cabo diferentes traballos. Dende a nosa comisión, a de comunicación, leváronse a cabo diferentes chamadas aos medios de comunicación para confirmar a súa asistencia ao evento. Foron Antena 3, Televisión Española, La Voz de Galicia e outros medios locais quen se achegaron ao noso centro para gravar os momentos previos ao lanzamento e para entrevistar a diversas e diversos membros do proxecto.

 

Poucos minutos antes das once da mañá, os nervios comezaban a invadir os nosos corpos xa que o momento máis esperado estaba a punto de chegar. Estaba todo preparado para o lanzamento cando de súpeto un avión sobrevoou o noso instituto. "E agora que?", preguntabámonos. A solución, entre o abraio de moitos de nós, foi chamar á torre de control do aeroporto de Santiago, dende o cal nos deron finalmente o visto bó para lanzalo. E así foi. Logo dunha conta atrás de poucos segundos, vimos como o "MarumaSat" se alonxaba ao mesmo tempo que se iba facendo máis pequeno, boa sinal esta, xa que estaba ascendendo normalmente. Apróximadamente unha hora despois, vinte membros do equipo saímos na procura da nosa sonda, procura para a cal era preciso coñecer as coordeadas que conseguiran os profesionais de "MeteoGalicia" no seu seguimento. Aínda que houbo varios percances, como o pinchazo dunha roda xusto cando estabamos a punto de arrancar, continuamos o noso camiño ata un punto entre Forcarei e A Estrada, aventura esta que relatamos no seguinte post.

 

A 30 minutos do lanzamento!

por Novas, em 13.05.16

Nerviosos pola chegada do momento esperado. Levamos toda a mañá traballando e ilustramos un pouco estas horas de preaparativos:

DSC_0274.JPG

 

Chegou o gran día!

por Novas, em 13.05.16

Todas as comisións estamos dispostas nos lugares de traballo para o gran día. Desde meteorolóxica, comunicación, deseño e fabricación e o resto das comisións estamos a traballar arreo hoxe, o gran día, na procura de acadar o gran éxito que nos tivo ocupados todo este ano. Organizamos xa os horarios para que todo salga perfecto. E recordade que hoxe, desde as 11:00 o instituto Maruxa Mallo e todo Ordes agardará cos pés no chan e os ollos nas estrelas. 

Recoradade que en uns poucos minutos comezamos a retransmitir vía Periscope. Seguiremos informando!

Éxito na última proba antes do lanzamento

por Novas, em 10.05.16

O xoves pasado realizamos a segunda proba de lanzamento desde o noso instituto, coa cal acadamos un moi bo resultado. Puidose seguir en directo o ascenso da cápsula mediante a app gratuita de Periscope, ademais das espectaculares imaxes recollidas polas demais cámaras do interior e exterior da caixa que xa preparan os nosos compañeiros de audiovisuais. Tamén conseguimos bos resultados na proba do paracaídas.

Seguiremos traballando para que o próximo venres o lanzamento sexa un éxito! 

Vídeo da proba do globo cautivo e do paracaídas.

 

 

 

 

 

 

Mañá, segunda proba do lanzamento nas instalacións do noso centro

por Novas, em 04.05.16

A tan só nove días do lanzamento definitivo, os diversos equipos que forman parte da nosa iniciativa ultiman xa os últimos detalles de cara ao día para o que nos levamos preparando dende principios de curso. Desta maneira, os equipos de deseño e construción, científico e audiovisual, principalmente, preparan para mañá Xoves a segunda proba na que se ensaiará todo o relativo ao lanzamento do vindeiro Venres. A proba terá lugar en horario de 16:00 a 18:30 e levaráse a cabo a gravación de diversos vídeos que vos mostraremos en breve.

 

O equipo promociona o proxecto na XXVII Festa do Champiñón de Ordes

por Novas, em 04.05.16

Esta pasada fin de semana a nosa localidade, Ordes, acolleu a vixésima séptima edición da Festa do Champiñón, unha festa que pretende achegar aos visitantes a cultura, a gastronomía e outros aspectos culturais que poden ser atopados no entorno do concello. A parte disto, e como é habitual, tivo lugar a tamén tradicional "Expo Ordes", punto de encontro dun centenar de empresas e outras organizacións localizadas en Ordes, que en diversos stands, foron promocionando os seus produtos e iniciativas ás ordenses e tamén aos demais visitantes. Entre elas, atopábase o noso stand no que os membros dos diferentes equipos achegaron o proxecto aos alí presentes mediante explicacións, trípticos, diversos vídeos que mostraron o traballo realizado ao longo destes meses así como tamén a cápsula cos diversos aparellos e as imaxes de todos os seus compoñentes. 

 

Dende MarumaSat queremos dar as grazas a todas as persoas que mostraron interese en achegarse xunto a nós.

marumasat.jpg

Mais sobre mim

foto do autor

Arquivo

  1. 2017
  2. J
  3. F
  4. M
  5. A
  6. M
  7. J
  8. J
  9. A
  10. S
  11. O
  12. N
  13. D
  14. 2016
  15. J
  16. F
  17. M
  18. A
  19. M
  20. J
  21. J
  22. A
  23. S
  24. O
  25. N
  26. D
  27. 2015
  28. J
  29. F
  30. M
  31. A
  32. M
  33. J
  34. J
  35. A
  36. S
  37. O
  38. N
  39. D