Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

MarumaSAT

Cos pés no chan e os ollos nas estrelas. With feet on the floor and our eyes in the stars. @marumasat

MarumaSAT

Cos pés no chan e os ollos nas estrelas. With feet on the floor and our eyes in the stars. @marumasat

Este Xoves realizamos a primeira proba do lanzamento

por Novas, em 19.04.16

Na nosa preparación de cara ao lanzamento, este xoves temos previsto a emisión dun globo cautivo, é dicir, temos preparada unha cápsula case igual á que emitiremos o 13 de maio á estratosfera, só que desta vez estará amarrado por unha corda e, en principio, ascenderá poucos metros de altura. Seguiremos informando!

 Unha imaxe dos compañeiros traballando no globo cautivo:

traballnado.jpeg

 

Pequenas modificacións... pasamos ao 13 de maio

por Novas, em 19.04.16

Debido a uns imprevistos, vémonos na obriga de, se o tempo acompaña, modificar a data obxectivo do lanzamento. En principio plantexámonos o 20 de maio, sen embargo, agora cambiaremos ao 13  de maio. Un saúdo e seguiremos informando!

Esta fin de semana, MarumaSat estará tamén presente na "Expo Ordes 2016"

por Novas, em 18.04.16

Esta fin de semana, Ordes celebra unha das súas festividades máis coñecidas: a festa do champiñón, unha festa para promover este alimento, que se pode degustar en Ordes durante estas datas. Para complementar esta festa, o Concello de Ordes organiza, un ano máis, a "Expo Ordes 2016", unha feira multisectorial coa finalidade de promover o comercio local e promocionar as empresas que se atopan no concello e a bisbarra. Nesta exposición estará tamén presente un posto adicado ao noso proxecto, no que se contará co prototipo de cápsulda utilizada no globo cautivo e unha exposición dos compoñentes que mercamos cos fondos recollidos durante a campaña desenvolta entre o comercio e o empresariado ordense.

Lembra. Venres, sábado e domingo poderanse achegar á carpa da "Expo Ordes" situada no céntrico Campo da Feira para desfrutar e ser partícipe do MarumaSat.

O noso equipo ultima a construción da sonda que viaxará á estratosfera o 13 de maio

por Novas, em 18.04.16

Cada vez queda menos para o día do lanzamento da nosa sonda MarumaSat e nos últimos días o equipo de deseño e construción apurou a fabricación da caixa na que irán os aparellos electrónicos como as dúas cámaras GoPRO e o GPS Tracker que gravarán o ascenso e nos permitirá coñecer a súa ubicación respectivamente. Ademais realizáronse diversas probas coas cámaras e en breve lanzarase o prototipo da sonda.

 

IMG_7095.JPG

IMG_7098.JPG

IMG_7104.JPG

 

 

 

Unha dicáctica explicación con respecto ao helio do globo

por Novas, em 11.04.16

Canto helio debe levar o noso globo para ascender? Que fórmula precisamos para sabelo? 

Descubre todo isto no seguinte vídeo realizado polos nosos compañeiros da comisión de audiovisual en colaboración coa científica. Desfrútao!

 

 

Mais sobre mim

foto do autor

Arquivo

  1. 2017
  2. J
  3. F
  4. M
  5. A
  6. M
  7. J
  8. J
  9. A
  10. S
  11. O
  12. N
  13. D
  14. 2016
  15. J
  16. F
  17. M
  18. A
  19. M
  20. J
  21. J
  22. A
  23. S
  24. O
  25. N
  26. D
  27. 2015
  28. J
  29. F
  30. M
  31. A
  32. M
  33. J
  34. J
  35. A
  36. S
  37. O
  38. N
  39. D