Saltar para: Posts [1], Pesquisa [2]

MarumaSAT

Cos pés no chan e os ollos nas estrelas. With feet on the floor and our eyes in the stars. @marumasat

MarumaSAT

Cos pés no chan e os ollos nas estrelas. With feet on the floor and our eyes in the stars. @marumasat

Buscamos nome!

por Novas, em 19.01.17

Durante o congreso que se celebrará mañá en Ordes, o alumnado dos 3 centros teremos que decidir un nome para bautizar á Axencia Espacial Escolar Galega. Todos os participantes poderemos votar para decidir o nome definitivo da organización. Pica aquí.

I Congreso MarumaSat

por Novas, em 19.01.17

Volvemos! 

O próximo día venres, 20 de xaneiro terá lugar na Casa da Cultura de Ordes o Primeiro Congreso MarumaSat. Alí reunirémonos os alumnos e alumnas dos centros IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, o IES Miraflores de Oleiros e o IES Maruxa Mallo de Ordes, que levou a cabo o proxecto o ano pasado. O obxectivo deste encontro é a posta en marcha da organización do lanzamento da II Sonda MarumaSat e a creación da Axencia Espacial Escolar Galega (unha organización na cal pretenderemos dar continuidade a os proxectos mediante a xuntanza de mais institutos).

Neste Congreso os estudantes de 4º da ESO do Maruxa Mallo de Ordes explicarán a súa experiencia e o seu traballo durante todo o curso 2015-2016 con respecto ao proxecto. Por outro lado, os novos institutos que se suman á iniciativa presentarán novas ideas para mellorar a actividade neste novo curso.

Seguiremos informando de todos os avances que se realicen no proxecto, esta vez, xa coa colaboración do Marco do Camballón e do Miraflores.

 

LOGO MARUMASAT.jpg

 

Descubre xa as imaxes do ascenso e o lanzamento da nosa cápsula "MarumaSat"!

por Novas, em 21.06.16

Chega Xuño, o curso remata e non queremos despedirnos sen antes poñer á vosa disposición o video que resume da mellor maneira a nosa aventura coa "MarumaSat", unha aventura inolvidable e chea de bos recordos coa que vos damos o "ata pronto" de cara a novos proxectos coma este. E se se repetira?... Vémonos en Septembro!

BO VERÁN!

 

Previsión da comisión científica sobre as coordeadas

por Novas, em 06.06.16

Dende a comisión científica tiñan previsto que a cápsula caera nas coordeadas (Lat. 42.5631, Lon. -8.4701), mentres, a súa caída exacta produciuse nas coordenadas (Lat. 42.61874, Lon. -8.45952). A diferenza entre estes dous puntos é de 8.41km

 

Publicamos os datos de caída

por Novas, em 06.06.16

A comisión científica tiña previsto que a cápsula caera nas coordenadas (Lat. 42.5631, Lon. -8.4701), mentres, a súa caída exacta produciuse nas coordenadas (Lat. 42.61874, Lon. -8.45952). A diferenza entre estes dous puntos é de 8.41km. Deixamos aqui as ligazóns a Google Earth coa comparación do punto previsto de caída e o punto de caída  real.

Ubicacións Google Earth 

Captura 2.B do Marumasat.PNG

 

Crónica da recuperación da nosa sonda

por Novas, em 06.06.16

Tralo lanzamento, e como relatamos no anterior post, un equipo de 20 membros do proxecto ademais de 5 profesoras e profesores desplazáronse ata as proximidades de A Estrada, lugar próximo ao cal se encontraban as ubicacións que dende "MeteoGalicia" nos proporcionaron, dúas ubicacións que respondían a lugares no medio do monte. Tras varias horas de intentos, estivemos a punto de rendirnos ata que un dos nosos compañeiros deu coa solución. A través dunha aplicación móbil puido conseguir a ubicación exacta do teléfono que levaba a cápsula, xa que non sufrira moitos danos durante o descenso, algo que nos impresionou.

 

Esta ubicación permitiu que varios membros do equipo se trasladasen ata ese punto e descubrisen que a cápsula que horas antes estivera a 25.000 metros se atopaba na parte superior dunha árbore. Debido ás condicións meteorolóxicas e o feito de non contar cun instrumental óptimo, isto fixo que días despois, catro membros do equipo acompañados dun equipo de Protección Civil e Bombeiros de Ordes se trasladasen ata o lugar exacto no que se atopaba a cápsula, que puido ser recuperada por un membro de escalada a vinte metros de altura, segundo el afirmou.

Roi, membro de Protección Civil, achegándose á cápsula

Captura 2.a do Marumasat.PNG

 

Ubicación do globo realizada polo programa CUSF Landing 

 

 

Informe económico do Proxecto MarumaSat

por Novas, em 30.05.16

Na seguinte ligazón pode acceder ao informe económico do proxecto "MarumaSat" con diversos gráficos que ilustran os gastos levados a cabo para facer posible o noso obxectivo.

INFORME ECONÓMICO MARUMASAT 2016

A prensa galega e española faise eco do noso proxecto

por Novas, em 30.05.16

Diversos medios de comunicación e institucións, ademais de outras organizacións, publican o noso proxecto entre os seus titulares. Deixámosvos aquí algunhas ligazóns a publicacións realizadas co Maruma Sat nos últimos días:

Antena 3 Noticias , La Voz de Galicia , Telexornal TVECrónicas de ComarcaEl Correo Gallego: 11 de maioEl Correo Gallego: 13 de maioEl Correo Gallego: 14 de maioAstronomía na beirarrúaXornal LindeirosConcello de OrdesMancomunidade de Ordes

"Cos pés no chán e os ollos nas estrelas": crónica do lanzamento definitivo

por Novas, em 30.05.16

O timbre soou como cada mañá dende que comezamos o curso, pero daquela vez non sería nada semellante ao vivido ata agora: ese venres 13 de maio cumpliriamos o noso obxectivo, obxectivo que nos días anteriores fixera difícil conciliar o sono. A mañá comezou no taller cunha reunión de todas e todos os membros do proxecto, acompañados de Xosé e Raquel, para comprobar se todos os pasos que deberían levarse a cabo contaban cun responsable para a súa realización. Dende deseño e construción e científica ultimáronse os detalles relativos á cápsula en si; tamén o meteorolóxico levou a cabo diferentes traballos. Dende a nosa comisión, a de comunicación, leváronse a cabo diferentes chamadas aos medios de comunicación para confirmar a súa asistencia ao evento. Foron Antena 3, Televisión Española, La Voz de Galicia e outros medios locais quen se achegaron ao noso centro para gravar os momentos previos ao lanzamento e para entrevistar a diversas e diversos membros do proxecto.

 

Poucos minutos antes das once da mañá, os nervios comezaban a invadir os nosos corpos xa que o momento máis esperado estaba a punto de chegar. Estaba todo preparado para o lanzamento cando de súpeto un avión sobrevoou o noso instituto. "E agora que?", preguntabámonos. A solución, entre o abraio de moitos de nós, foi chamar á torre de control do aeroporto de Santiago, dende o cal nos deron finalmente o visto bó para lanzalo. E así foi. Logo dunha conta atrás de poucos segundos, vimos como o "MarumaSat" se alonxaba ao mesmo tempo que se iba facendo máis pequeno, boa sinal esta, xa que estaba ascendendo normalmente. Apróximadamente unha hora despois, vinte membros do equipo saímos na procura da nosa sonda, procura para a cal era preciso coñecer as coordeadas que conseguiran os profesionais de "MeteoGalicia" no seu seguimento. Aínda que houbo varios percances, como o pinchazo dunha roda xusto cando estabamos a punto de arrancar, continuamos o noso camiño ata un punto entre Forcarei e A Estrada, aventura esta que relatamos no seguinte post.

 

A 30 minutos do lanzamento!

por Novas, em 13.05.16

Nerviosos pola chegada do momento esperado. Levamos toda a mañá traballando e ilustramos un pouco estas horas de preaparativos:

DSC_0274.JPG

 

Mais sobre mim

foto do autor

Arquivo

  1. 2017
  2. J
  3. F
  4. M
  5. A
  6. M
  7. J
  8. J
  9. A
  10. S
  11. O
  12. N
  13. D
  14. 2016
  15. J
  16. F
  17. M
  18. A
  19. M
  20. J
  21. J
  22. A
  23. S
  24. O
  25. N
  26. D
  27. 2015
  28. J
  29. F
  30. M
  31. A
  32. M
  33. J
  34. J
  35. A
  36. S
  37. O
  38. N
  39. D